Saltar ao contido

Stadion Energa Gdańsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PGE Arena Gdańsk
Polonia PGE Arena Gdańsk
Datos
Coordenadas54°23′24″N 18°38′25″L / 54.39, 18.640278
LocalizaciónGdańsk, Polonia
Outros nomesBaltic Arena
Construción
Inauguración14 de agosto de 2011
ArquitectoRhode Kellermann Wawrowsky
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade43.615
PropietarioCidade de Gdańsk
LocalíaLechia Gdańsk
Webhttp://pgearena.gdansk.pl/#start e https://polsatplusarenagdansk.pl/
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O PGE Arena Gdańsk (pronunciación polaca: [ˈpɛ ˈgʲɛ ˈɛ aˈrɛna ˈgdaɲsk]), antes denominado Baltic Arena, é un estadio de fútbol situado en Gdańsk, na costa báltica de Polonia. O estadio atópase na ul. Pokoleń Lechii Gdańsk ("Rúa das xenenaracións de Lechia Gdansk") na parte norte da cidade, no distrito de Letnica. A capacidade das bancadas é para 43.615 espectadores, todos sentados e cubertos. O PGE Arena é o estadio máis grande da Ekstraklasa, máxima competición do fútbol polaco, xa que nel xoga os seus partidos como local o Lechia Gdansk. En canto ao global do país é o tercero máis grande, despois do Estadio Nacional de Varsovia e do Stadion Śląski.

A construción do estadio comezou en 2008 e rematou a mediados de 2011. O partido inaugural xogouse entre o Lechia Gdansk e o Cracovia Kraków, acabando con empate a un gol. O primeiro partido internacional, Polonia contra Alemaña, disputouse o 6 de setembro de 2011, e finalizou con outro empate, esta vez a dous goles. Este partido en principio íase xogar no Estadio Nacional de Varsovia, máis foi trasladado a Gdańsk debido a que o estadio aínda non finalizara a súa construción.

O PGE Arena é tamén unha das sedes oficiais da Eurocopa 2012 de Polonia e Ucraína. Será sede de catro partidos do torneo, tres partidos do Grupo C e un dos cuartos de final. Dende 2010 o nome oficial do estadio é PGE Arena debido a un acordo de patrocinio coa empresa Polska Grupa Energetyczna (PGE Group).

Características do estadio

[editar | editar a fonte]

Características xerais

[editar | editar a fonte]
Tribuna principal antes do partido inaugural.

Este recinto é especificamente un estadio para a práctica do fútbol, o que significa que o céspede non se extraer ou modificar. Pola mesma razón, carece de pista de atletismo. O estadio ten unhas dimensións de 236 metros de longo, 203 metros de ancho e 45 metros de altura. O aspecto exterior do PGE está deseñado para parecerse ao ámbar, que se extreae dende hai moitísimo tempo na costado Mar Báltico. A construción do teito susténtase en 82 vigas, cunha área total de 44.000. A fachada está cuberta con 18.000 placas de policarbonato en seis cores, cunha superficie total de 4,5 hectáreas. Dous logotipos (situados na parte occidental e oriental do estadio) están construídos con tecnoloxía LED, cunha altura de 8 metros e unha lonxitude de 35.

O terreo de xogo ten unhas dimensións de 105x68 metros e a súa distancia dende a tribuna é de 10,5 m detrás das portarías e 8,5 m das liñas laterais. As tribunas do PGE, baixo o as normas da FIFA e a UEFA están todas cubertas, estando o terreo de xogo en si descuberto. O tema da instalación dun teito corredizo considerouse, pero a idea foi abandonada debido aos custos e o tempo limitado para completar a construción. O espazo restante do estadio resérvase para outros colaboradores do evento (persoal etc.) O estadio cumpre cos criterios de Categoría 4 da UEFA.

Capacidade

[editar | editar a fonte]
Interior do estadio.

A capacidade do estadio é de 43.615 asentos durante partidos de liga. Con todo, o número total de cadeiras (bruto) é de aproximadamente 44.000. Durante a Eurocopa 2012 a capacidade reducirase a aproximadamente 40.000 asentos.

No estadio hai 40 cabinas acristalas onde se prestan servizos de catering. Oito das cales teñen unha superficie de 60 m² e as restantes 32 teñen de 30 m². Ademais das cabinas, o estadio ofrece 1.383 prazas VIP para os clientes que paguen unha entrada maior o persoeiros. Cada un deles está equipado cun asento máis cómodo, xusto debaixo das cabinas. Tanto as cabinas como as cadeiras VIP teñen unha entrada independente con recibidor adicado.

Os asentos no estadio PGE foi proporcionados pola empresa polaca Forum Seating pertencente ao Grupo Nowy Styl, situado en Krosno. Ademais o estadio conta con 50 asentos adicionais para persoas con discapacidade.

En decembro de 2009, os dereitos sobre nome do estadio foron adquiridos polo Grupo Polaco da Enerxía (Polska Grupa Energetyczna, PGE) por 35 millóns de złoty (ao redor de 8,5 millóns euros) cunha duración de cinco anos. A cidade de Gdansk, vendeu os dereitos do nome a fin de cubrir algúns dos custos da súa construción. A única condición era que o nome debía incluír a palabra "Arena". A empresa petroleira Lotos e PGE foron os competidores finais para conseguir o contrato de patrocinio, que tamén incluía unha pancarta co logotipo da empresa en polo menos en dous lugares na parte superior do estadio, xunto cos anuncios internos. O estadio foi orixinalmente coñecido como Baltic Arena.

Eurocopa 2012

[editar | editar a fonte]

O PGE Arena Gdańsk albergou durante o campionato catro encontros: tres encontros da fase de grupos correpondentes ao grupo C e un de cuartos de final. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
10 de xuño Primeira rolda España España
1 - 1
Italia Italia
38.869
18 de xuño Primeira rolda España España
4 - 0
Irlanda
39.150
16 de xuño Primeira rolda Croacia Croacia
0 - 1
España España
39.076
22 de xuño Cuartos de final Alemaña Alemaña
4 - 2
Grecia Grecia
38.751

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]